domingo, 23 de abril de 2017

FRAN ALONSO




"Cidades"
Autor: Fran Alonso
Editorial: Xerais. Sopa de Libros



"A POESÍA É UN GLOBO"
Seguindo coa programación do mes do libro, o xoves día 20 visitounos Fran Alonso. Os nenos/as de 6º curso leron o seu libro de poemas "cidades" que este curso escollemos para os Itinerarios Lectores.


Coa metáfora de que "a poesía é un globo", falounos da maxia da palabra. A palabra que cambia de significado en poesía, da súa maxia transformadora, do silencio, da música e do ritmo.





Tamén falounos de como a poesía ensínanos a aprender: a tabla de multiplicar, o dedos da man ... xogos, cancións... A poesía está en todas partes e sen decatarnos!


Cando rematou firmou todos os exemplares de forma personalizada con moita paciencia e con moita ledicia. E ao final, tamén firmou no noso libro "Os astros da literatura"



O alumnado realizou durante este trimestre diversos traballos. Entre eles caben destacar estes magníficos collages.






















O mes de abril veu cargado de actividades.  Comezamos o mes coa visita á Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do noso centro. 

O alumnado de educación infantil e de educación primaria puido gozar dunha marabillosa experiencia: charla, lectura e xogos conformaron esta actividade da que sacamos moitas ensinanzas.

UNHA CHARLA MOI AMENA E DA QUE APRENDEMOS MOITO

César, o bibliotecario, realizou un percorrido pola historia da biblioteca, como está organizada e como se xestiona.





UNHA BIBLIOTECA IMPORTANTE

4.000 metros cadrados se superficie
37.000 socios
400.000 visitas
150.000 exemplares informatizados
20 ordenadores


VISITAMOS A SALA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

E PARTICIPACIÓN EN XOGOS PARA COMPROBAR A PERICIA DO NOSO ALUMNADO




domingo, 16 de abril de 2017


UN POEMA ESCÉNICO PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

"A RAÍÑA DE TURNEDÓ" 
Editorial: Xerais
Nova edición da editorial Kalandraka

Este é un magnífico poema escénico que invita á representación e provoca a participación dos lectores. Publicado por Xerais en 1996, o recuperou Kalandraka no ano 2014. 



O equipo de biblioteca pensou que era perfecto para realizar un conta - contos. Así foi como o alumnado de 6º A se puxo máns á obra: realizaron os debuxos, os montaron nun PowerPoint e ao final o teatralizaron.



Utilizando os recursos da literatura oral popular, conta unha divertida historia de estrutura acumulativa e poética.



"A raíña de Turnedó", anima a todos a participar a través de xogos de palabras, ritmos, onomatopeias...


UNHA ACTIVIDADE MOI CREATIVA
"CANCIONES SECRETAS DE TODAS LAS LETRAS" 



"Canciones secretas de todas las letras"
Autor: Rafael Ordóñez
Editorial: Santillana. Loqueleo.

Libro con letras e poemas cheos de rima e música para aprender e sacar unha boa sonrisa. 
"Letras desde o A ata o Z, aquí están todas as letras. Xogan, ríen, tamén cantan e ningunha se atraganta"



O alumnado de 6º B de primaria representou para o alumnado de 1º este libro de Rafael Ordóñez que presenta de forma poética e lúdica as letras do abecedario. 




 Cada páxina contén unha poesía coa letra e coa ilustración da mesma.

Os nenos/as de 6º debuxaron as letras que presentaron de forma divertida, entoando cada unha delas con bo ritmo e musicalidade.  






Representaron todas as letras do vocabulario. Os nenos de primeiro puideron ler e escoitar uns textos poéticos dun xeito moi  divertido









Todos estiveron moi atentos ás formas, aos contidos e á representación que realizaron os seus compañeiros. Posteriormente nas aulas respectivas realizaron diversos traballos, seguindo a unidade didáctica que o equipo de biblioteca facilitou ás titoras.


domingo, 2 de abril de 2017

PACO NOGUEIRAS NA NOSA BIBLIOTECA

O venres, 31 de marzo o alumnado de educación infantil gozou coma nunca coa presenza na biblioteca de Paco Nogueiras, proposta que realiza a editorial Kalandraka para os nenos/as de educación infantil.


Paco Nogueiras chegou cargado cunha maleta chea de fermosas e entretidas historias que fixeron as delicias dos cativos do colexio.

Uns días antes recibimos unha carta anunciando a súa visita

Ao longo de toda a sesión Paco Nogueiras foi contando e cantando distintos contos da editorial  Kalandraka (todos eles están a vosa disposición na biblioteca).


PIÑEIRO


Ilustrador: Óscar Villán


Libro da Colección Do berce á lúa, con pictogramas poéticos con moito ritmo para que  axude a “educar o ollo e adozar o oído” do pequeno lector, como explica Antonio Rubio. 





A ÁRBORE DA ESCOLA


Unha fermosa que narrra a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai crecendo coa atención do protagonista e os compañeiros que ven nel un  exemplo a seguir.








RENATO


Autor e Ilustrador: Manolo Hidalgo

Renato está moi triste porque a súa ornamenta enrédase coas árbores. Os animais do bosque búrlanse del pero sucede algo que lle fai decatarse dalgunha cousas, como de comprobar cales son os verdadeiros problemas.








MR. MAGNIOLIA


Autor e ilustrador: Quentin Blake

Un clásico marabilloso, "Mr. Magnolia" (1980) é un libro galardonado con moitos premios. É unha historia que ten como protagonista un entrañable e simpático personaxe con cal os nenos e nenas aprenden a numeración. Un libro con moito humor e cheo de historias disparatadas. 




AO FINAL TODOS CANTAMOS AO SON DA MÚSICA DE PACO NOGUEIRAS