sábado, 31 de marzo de 2012

sábado, 24 de marzo de 2012

UN VÍDEO PARA LEMBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA AUGA
 

jueves, 15 de marzo de 2012

MÁIS SOBRE POESÍA

Cartel da exposición "As orixes do cómic en Galicia"

“AS ORIXES DO CÓMIC EN GALICIA”
Este venres, día 16 de marzo, inaugúrase no Arquivo da Cidade da Cultura  -Santiago de Compostela -unha exposición sobre as orixes do cómic en Galicia. Podemos ver a obra inédita de cincuenta creadores galegos  que publicaron a súa obra entre 1880 e 1960.

Para máis información no Consello da Cultura Galega


jueves, 8 de marzo de 2012

 ESTE POEMA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ PARA TODAS NÓS
-Cincenta da fita mourada,
¿virás esta noite baila-la bailada?
-Nin teño vestido nin teño zapatos,
estou na cociña fregando nos pratos.
-Cincenta dos ollos mansiños,
 ¿virás esta noite bailar cos veciños?
-Nin teño carroza, nin teño cocheiro,
que lavo a roupiña no meu lavadeiro.
-Cincenta da cara belida
?virás ó castelo por se-la elixida?
-Nin teño colares non teño diadema
estou enfornando boliños de crema.
-Cincenta da cariña en flor,
¿virás esta noite busca-lo amor?
-Se alguén me axudase, qué ben me
faría,
pois sinto, da festa, a feliz melodía.
-Sera-la princesa da linda bailada
que así cho concedo por ser eu a fada
Ana María Fernández
DÍA DA MULLAR TRABALLADORA
8 DE MARZO