domingo, 3 de febrero de 2013

CELEBRACIÓN DO 
DÍA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA 
NO NOSO COLEXIO
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox


O CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro conmemorou como en anos anteriores o Día da Paz. O Equipo de Biblioteca deseñou unha serie de actividades.

Confeccionou unha Unidade Didáctica sobre a educación en valores, onde reflectimos unha relación de lecturas recomendadas. Con eses e outros libros da biblioteca montamos a exposición que vedes na fotografía.



Cada curso e na Hora de Ler, escolleu un dos libros expostos para compartir unha lectura en común. 


Alex e Pedro, alumnos de 6º curso de primaria faláronnos de "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure. Ademais construíron unha fermosa maqueta de Caramelo.


MURAL
Coa aportación de todos os cursos confeccionamos o mural da Paz



A PAZ PERFECTA
Este é o título dun antigo conto chinés.
 O escribimos nun papel contínuo e o expuxemos sen desvelar o final para que cada neno/a dera a súa opinión. As respostas as depositaron nunha caixiña colocada ao efecto. 





"UNHA MENSAXE DE PAZ"


Todo o centro e tamén por cursos elaboramos un "libro de paz". Cada aula elixiu unha mensaxe de paz e a reflectiu nunha pomba.
(O libriño completo poderedes velo cando o Equipo de Biblioteca o teña montado).



A PAZ E O CINE
Tamén como en cursos pasados programamos sesións de cine relacionados coa Paz:
"Historia de una gaviota". Para Ed. infantil y 1º Ciclo de Ed. Primaria













"El viaje de Saíd". Para el 2º Ciclo de Ed. Primaria. 
(Podedes vela na pestana de DVD deste blog)








"Criadas y Señoras". Para el 3º Ciclo de Ed. Primaria





Enlaces: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Sw8W7dVGP5k
               http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=gDyNPNBfNSQ












No hay comentarios:

Publicar un comentario