viernes, 17 de mayo de 2013


DÍA DAS LETRAS GALEGAS
17 de maio de 2013




ROBERTO VIDAL BOLAÑO (1950/2002)
Dramaturgo, actor e cineasta


Nesta páxina podedes ver unha serie de enlaces con información de Roberto Vidal Bolaño elaborada e publicada por distintos organismos e centros educativos, así como   unha  recompilación de actividades e recursos para traballar nas aulas.



Cada editora vai sacando á luz a súa achega ao autor das Letras.
Comezaran as Obras completas da man de Positivas, unha editora disposta mostrar todas e cada unha das pezas.
Camilo Franco, segue con Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, un ensaio a modo de percorrido pola obra e a vida do autor, publicado por Biblos Clube de Lectores.
Laura Tato, da man de Toxosoutos, publica Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, na que a especialista na historia do teatro galego se aproxima a esta figura enmarcándoa no contexto do teatro galego da segunda mitade do século XX.
Da man da editorial Galaxia presentouse o libro DVD Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño, de Montse Pena e Gonzalo Enríquez Veloso.
Edicións Xerais de Galicia publicou o obra do profesor, da Escola Superior de Arte Dramática, Roberto Pascual Rodríguez Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro que se centra nos múltiples oficios propios do teatro e nos que Roberto traballou incansablemente, e no que destacamos unha pequena selección de fragmentos de pezas que poden servir para abrir boca.
Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro, escrito por Afonso Becerra de Becerreá, é  aposta de edicións Laiovento. Na mesma editorial podemos acceder a A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño de Xosé Manuel Fernández Castro. 
Roberto Vidal Bolaño, escritor escénico: estudios críticos seguidos da comedia "Anxeliños". Da autoría de Carmen Becerra e Teresa Vilariño, publicado por Tris Tram, en 2002
A propósito de Roberto Vidal Bolaño: carteis de Fausto para Teatro do Aquí, publicado por El Patito Editorial.E máis obras que irán aparecendo ao logno do ano en curso.

Publicado 2 days ago por Asesoría Bibliotecas Escolares
Etiquetas: Novas de literatura Teatro libros e audiovisuais

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO NOSO COLEXIO


Para ver as actividades que desenvolvemos nesta semana das Letras Galegas, abride o enlace ao blog do Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega do noso colexio. 

http://notmaliza.blogspot.com.es/
ALGÚNS RECURSOS

Magnífica cronoloxía de Roberto Vidal Bolaño publicada por culturagalega.org:

O Seminario Galán publica no seu blog uns estupendos recursos para traballar nas ulas:


Asunción García Álvarez do CEIP Víctor Sáez:











No hay comentarios:

Publicar un comentario