sábado, 27 de julio de 2013

26 DE XULLO DÍA DOS AVÓS
Onte os avós tiveron o seu día. Igual que acontece con outras celebracións o 26 de xullo realízanse homenaxes pola nosa xeografía para recordar a gran labor que realizan os avós na familia. Seguro que nestes días de vacacións de verán son eles quen vos coidan e quen vos dedican todo o seu tempo.

Que mellor maneira de conmemorar esta data que ler un libro aos nosos avós. Calquera día é bo!.

Aquí tedes un título publicado por OQO Editora  en febreiro deste ano 2013.

TEÑO MEDO!

As preguntas e os medos do neno protagonista e as respostas pacientes e cheas de inventiva e humor do seu avó móstrannos unha tenra historia sobre a superación dos medos. Os maiores aprenderedes que debemos axudar a combatelos, sen caer na sobreprotección, mantendo sempre a calma, con medidas imaxinativas e resolutivas para superar complicacións”.

  

Autor: Tim Bowley & Alicia Baladan
Ed.: OQO Editora

Un neno estaba co seu avó,
mirando o mar desde una rocha.
De súpeto, o neno dixo:
—Avó, non me gusta esta rocha…
Qué pasa se un barco pirata
aparece polo horizonte
 TEÑO MEDO!



Sobre este tema tedes outros títulos publicados por distintas editoriais. Coma por exemplo:

"Chamádeme Simbad, Avós, Enrugas, Estás na lúa, As bruxas, A viaxe do bisavó, A evolución de Calpurnia Tate, O meu avó Carmelo, Un barco no ceo, O meu avó é unha gata, Charlie e a fábrica de chocolate, A verdadeira historia de Caperucita, Memorias dun neno labrego,  Lúa de Senegal, A marabillosa medicina de Georges, Dúas bágoas por Máquina, Smara, Poderosa, Dúas letters, Rúa Carbón, Cando sexades pequenos..."


Tamén podedes consultar unha extensa bibliografía nos seguintes enlaces
O Club Kiriko, Los abuelos y nosotros
Fundación Germán Sánchez Ruipérez "Libros de abuelos, abuelas".


No hay comentarios:

Publicar un comentario