miércoles, 30 de enero de 2013



Seguiremos - Hospital Sant Joan de Déu e Macaco


"Nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu e os profesionais e voluntarios que lles acompañan no centro, cantan xunto a Macaco a canción "Seguiremos", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil".

Hoxe, 30 de xaneiro de 2013,  Día da Paz e a  Non Violencia cantamos todos xuntos no patio escolar esta canción xunto con todas aquelas que fomos traballando en anos anteriores.
En breve publicaremos as actividades que estamos a desenvolver no colexio estes días.

martes, 29 de enero de 2013

UNHA MAGNÍFICA INTERPRETACIÓN 
PARA CONMEMORAR O 30 DE XANEIRO

"ONE LOVE" de Bob Marley .
Unha homenaxe de músicos de todo o mundo ao cantante xamaicano 

Terceiro vídeo do Documental
"Jugar para el cambio: Paz a través de la música"


domingo, 27 de enero de 2013



FINA CASALDERREY ACADÉMICA DA R.A.G.



A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Fonte:  Redelectura   Bibliotecas Escolares de Galicia
           
  
ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE

Comezamos o curso 2012 - 2013 con cambios importantes na nosa biblioteca. Os habitantes da biblioteca estaban desexando contarvos as novas deste curso. 
Pero aquí estamos de novo con forzas renovadas e con gañas de seguir traballando. 

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 DE OUTUBRO

"O LIBRO QUE TE CHEGOU AO CORAZÓN"

Ese día todo o alumnado encheu as paredes do colexio con fantásticos veleiros cargadiños de libros. Escaleiras abaixo, os barquiños creaban un camiño ata a biblioteca.



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A IGUALDADE
25 DE NOVEMBRO

" BASTA XA! "

O 25 de novembro o alumnado de educación infantil e de educación primaria uniron as súas mans para confeccionar un mural contra a violencia de xénero e a igualdade.
O Equipo de Biblioteca elaboruo unha Guía de Lecturas, recomedacións de libros para traballar os valores nas aulas:
" A educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos".


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow created with Smilebox


A EDUCACIÓN EMOCIONAL E O SAMAÍN

Unha festa moi nosa é o Samaín. O 31 de novembro celebrámola realizando unha serie de actividades. 
O Equipo de Biblioteca confeccionou unha Unidade Didáctica relacionada coa Educación Emocional. Lemos sobre os medos, como enfrontarnos a el e reflexionamos sobre o tema a través da literatura.
Realizamos despois distintas actividades:
En Educación Infantil confeccionaron cadenetas de morcegos e analizaron o cadro "O grito" de E. Munch.
En Educación Primaria buscaron relatos de medo, descripcións (de personaxes, escenas, obxectos, lugares...)... calquera fragmento literario e/ou autor relacionado co tema. Logo, con todos eles e deuxos das portadas dos libros confeccionamos un mural.




GUÍA DE LECTURA NADAL 2012 - 2013

3º CICLO

Como todos os anos anteriores...
En Nadal "Lecturas para agasallar"