jueves, 28 de agosto de 2014

"TAMBO"

Autores: Laura M. García Ferro, Víctor A. Castro Martínez.
Ilustrador: Suevia Sobral Santiago
Edicións do Cumio
Colección: Multimedia.
"Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.
Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática".
Contén:
• 13 contos orixinais ilustrados cun fío común
CD de audio
• 13 cantigas en diferentes estilos
DVD
• 13 animacións dinámicas 
de Stop Motion con karaoke
• 6 coreografías gravadas 
por nenas en exteriores"



"Un neno na emigración"


Autor/es: Francisco Álvarez - Koki
Ilustrador/es: Marta Iglesias
Idiomas: Galego / Español / Inglés
Colección: Infantil Linguas
Tradutor/es: Miguel Falquez-Certain

"Breogán é un neniño emigrante galego en Nova York que convive no seu barrio de Astoria con outros nenos emigrantes de diferentes nacionalidades: gregos, xaponeses, chineses, brasileiros, irlandeses, portoriqueños, italianos etc.
Breogán dase conta de que os seus amigos amais de falar inglés falan na súa casa no idioma de seu; Breogán fala galego, pero outros nenos galegos que viven en Nova York falan español cos seus pais.
Cando Breogán visita Galicia non ten problema ningún para comunicarse coa súa familia e cos seus amigos en galego".


No hay comentarios:

Publicar un comentario