domingo, 26 de octubre de 2014

           

Elaboración: Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Música orixinal: "She is like a rainbow" Rolling Stones

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


"BIBLIOTECA, BIBLIOTECA...DOCE, MOI DOCE!!!"

Recordamos a todos/as que esta data é unha das máis importantes dentro das actividades que desenvolvemos ao longo do curso escolar porque conmemoramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Celebración que data dos anos 90 e que recolleu a Asociación Española de Amigos del LibroInfantil, e “en recoñecemento ao labor que exercen todos os bibliotecarios, todas as bibliotecas, a prol da lectura, da educación e da cultura”.
Como xa liches neste blog hai uns días, a Consellería de Educación e Cultura publicou o cartel conmemorativo deste día co lema “Biblioteca escolar...matemático! ( obra de David Pintor) para resaltar precisamente o papel das bibliotecas escolares.
Como recordan dende Bibliotecas Escolares de Galicia, e dentro dos procesos de cambio que están a chamar ás portas, nesta data pode ser útil para volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 anunciou “as 5 leis da biblioteconomía”:
1.     Os libros están para usarse.
2.     A cada lector o seu libro.
3.     A cada libro o seu lector.
4.     Hai que aforrar tempo ao lector
5.     A biblioteca é un organismo en crecemento.


ASÍ CELEBRAMOS O 24 DE OUTUBRO

Nós celebramos este día dun xeito moi doce. O equipo de biblioteca organizou un concurso de debuxo co título “A Biblioteca do Laxeiro". 




O alumando que quixo participar confeccionou un debuxo da biblioteca. Foron previamente á mesma  para recordar as normas de uso  e observar como está distribuída, que seccións hai, como están colocados os diversos materiais...Logo, na aula ou na biblioteca a debuxaron e colorearon.

 

Con todos os debuxos fixemos unha exposición que podedes ver nas fotografías, seleccionamos un debuxo por nivel e un comité de expertos formado por alumnos/as de distintos niveis elixiu os tres gañadores.






E por fin o gran día, o venres 24. Grazas á xentileza de Vanesa, nai de Ainara, alumna de 1ºA, puidemos gozar duns doces agasallos. 

Tróuxonos, dende o seu lugar de traballo, a pastelaría e panadería “Florida” unhas deliciosas tortas con ricos Gromiños para os gañadores e os compañeiros/as de aula, e unhas ricas chocolatinas coa figura da nosa mascota para os/as finalistas e tamén para o alumando que presentou unhas marabillosas maquetas da biblioteca.









 OS GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO
Aroa Torres González, de 1ºB
Miguel Pérez Cabirta,   de 4º A
Alejandro Herrero Arango,  6ºA

OS FINALISTAS
Lucía Encisa, de  1ºA
Héctor Gil, de 2ºA
Andrés Verísimo, de 2ºB
Marina, de 3ºA
Eva Bobillo, de 3ºB
Clara Riopa, de 4ºA
Alejandra Monge,  de 5ºA
Sonia Rodríguez, de 5ºB
Mario Sánchez, de  6ºB.






UNHA FERMOSA HOMENAXE NESTE 24 DE OUTUBRO

Pregón - Homenaxe a Ana María Matute escrito por Antonio Rodríguez Almodóvar, a petición da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil. O precioso cartel que o acompaña é obra de Carme Solé


PREGÓN HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE

            -¡Ana María, despierta!

El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los ojos grandes, la boca carnosa.
Luego la sacudió suavemente, por un hombro. Insistió: -Vamos, mujer, que ya es hora.

Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo. 

           -¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo. 
           -¡Soy el Príncipe Azul!
           -¿El qué?
           -El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
           -¿Es obligatorio?
           -Claro, lo manda la tradición.
           -¡Pues entonces vete a hacer gárgaras! 

Ana María se giró hacia un lado y volvió a dormirse. El príncipe quedó sumamente desconcertado. Se incorporó del filo del lecho y se puso a pasear la estancia.Vio las telarañas del tiempo colgando de los pesados cortinajes, vio a un par de alabarderos durmiendo de pie, la nariz del uno apoyada en la nariz del otro. Vio, o mejor dicho, escuchó la estridente sinfonía de ronquidos que le llegaban de todas partes de aquel palacio encantado; ronquidos atronadores de guardianes forzudos, ronquidos 
silbantes de cocineros exquisitos, ronquidos trascendentes de capellanes gordinflones, ronquidos, ronquidos… Como que tuvo que taparse las orejas para no ser víctima de aquel terremoto sónico… y entonces se dio cuenta: ¡el fuego de la chimenea también dormía! Se acercó, aproximó una mano a 
aquellas llamas petrificadas y quedó ensimismado… Luego de un tiempo incontable, levantó la vista y vio sobre la repisa una hilera de libros. Eran libros de cuentos, los únicos objetos de aquel lugar que no habían acumulado polvo ni telarañas. Con un temblique en el dedo índice de la mano derecha, impropio de todo un príncipe, fue recorriendo los títulos: Cuentos de antaño, de Charles Perrault, Cuentos de los hermanos Grimm, Cuentos de H. C. Andersen, Cuentos de Ana María Matute... Al leer este último, el corazón empezó a repicarle. Sacó el libro y lo abrió. Al azar fue 
leyendo: “Todos nos acostamos con el lobo, pero lo que no podemos hacer es confundirlo con la abuelita.” “La infancia es más larga que la vida”. “El que no ama está muerto”. 

Justo al acabar esta frase, cesaron los ronquidos y el fuego de la chimenea cobró repentina vitalidad. El príncipe se apartó.

           -Eso, ahora ponte a curiosear en mis cosas -oyó a sus espaldas. 

Levantó un poco más la vista y vio, en el espejo de la chimenea, cómo se incorporaba en su magnífico lecho una dama todavía más magnífica. Casi cien años de edad, el pelo totalmente blanco y la sonrisa totalmente pura. 
           -¿Se puede saber qué día es hoy? 
           -¿Hoy? -El príncipe no tenía ni la menor idea.
           -¡Me acabo de acordar!- Exclamó ella-. ¡Es 24 de octubre, día de la Biblioteca! ¡No te quedes ahí pasmao, que los niños nos están esperando! ¡Vamos, Príncipe Azul, mueve el culo! 





domingo, 19 de octubre de 2014

O ALUMNADO 2º DE PRIMARIA NA BIBLIOTECA


O alumnado de 2º de primaria tamén visita a biblioteca: é preciso recordar as normas e ver as novidades deste curso.

Coñecen o conto “O duende que non tiña nome”, a historia da nosa mascota Gromiño e de cando este trasniño decidiu quedarse con nós. Pero como todo trasno, desaparece todos os cursos uns días, polo que os nenos/as xogaron a buscalo. 


A Gromiño, todos os cursos ocórreselle esconderse nos recunchos máis incribles!

Nenos/as de educación infantil buscando a Gromiño

Logo gozaron coa lectura dos libros da exposición “Edicións Laxeiro” .





Tamén contarvos que convocamos un concurso de debuxo para celebrar O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES o próximo venres, 24 de outubro.

Co lema “Biblioteca de Laxeiro” os nenos/as deseñan o debuxo da nosa biblioteca. Con todos os debuxos presentados faremos unha exposición e, nunha votación democrática, o alumnado elixirá o gañador.

Este recibirá un doce agasallo e tamén poderá degustalo, a aula á que pertenza o gañador/a. 

DOCE AGASALLO? 

HAI QUE PARTICIPAR E TER PACIENCIA!






Nas fotografías podedes ver como as profesoras dos respectivos niveis, Eugenia González e Teresa Prieto, explican as normas e axudan aos nenos/as a observar de forma detida os espazos da biblioteca.

Logo...A PINTAR E COLOREAR!












sábado, 11 de octubre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO
2014-2015
Este curso imos desenvolver un novo Proxecto Documental: "Un Laxeiro de cine". A biblioteca programou para este curso a súa actividade principal centrada no cine. 
Equipos docentes, profesorado, alumnado, pais/nais e contando tamén con varias e diversas colaboracións xuntarán os seus esforzos para acadar con éxito - coma en cursos anteriores -  os obxectivos que nos propoñemos. Cremos que o cine é un excelente obxecto de coñecemento e de aprendizaxe de valores  universais. Solidariedade, tolerancia, autonomía persoal, igualdade de oportunidades  entre os sexos, interculturalidade, xustiza...son temas que podemos traballar co noso alumnado a través da linguaxe cinematográfica.

UNHA BOA MANEIRA DE COMEZAR
EXPOSICIÓN DOS NOSOS LIBROS
"EDICIÓNS LAXEIRO·


Xa comezamos coas exposicións na Biblioteca. Mentres recollemos material para traballar sobre o lema proposto dende Bibliotecas Escolare "Biblioteca escolar...matemático”, o equipo de biblioteca pensou que era moi interesante dar a coñecer ao noso alumnado a colección de libros confeccionados polo alumnado actual e polos compañeiros/as que xa están no instituto. Por este motivo, titulamos a colección: “Edicións Laxeiro”. 

Os primeiros visitantes foron os nenos/as de 6º A de Educación Infantil. Podemos ver na imaxe que vén a continuación o atentos que estaban ás explicacións da mestra Isabel García.



Acto seguido, puideron gozar dos volumes dentro da Biblioteca. Estiveron moi entretidos!!











Por outra parte, estamos a preparar as Mochilas Viaxeiras. Este curso recuperamos a entrega de dúas por aula para que a permanencía destas lecturas e dvd,  nas vosas casas sexa do maior tempo posible.


EN BREVE AS TEREDES NAS VOSAS CASAS!