sábado, 11 de octubre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO
2014-2015
Este curso imos desenvolver un novo Proxecto Documental: "Un Laxeiro de cine". A biblioteca programou para este curso a súa actividade principal centrada no cine. 
Equipos docentes, profesorado, alumnado, pais/nais e contando tamén con varias e diversas colaboracións xuntarán os seus esforzos para acadar con éxito - coma en cursos anteriores -  os obxectivos que nos propoñemos. Cremos que o cine é un excelente obxecto de coñecemento e de aprendizaxe de valores  universais. Solidariedade, tolerancia, autonomía persoal, igualdade de oportunidades  entre os sexos, interculturalidade, xustiza...son temas que podemos traballar co noso alumnado a través da linguaxe cinematográfica.

UNHA BOA MANEIRA DE COMEZAR
EXPOSICIÓN DOS NOSOS LIBROS
"EDICIÓNS LAXEIRO·


Xa comezamos coas exposicións na Biblioteca. Mentres recollemos material para traballar sobre o lema proposto dende Bibliotecas Escolare "Biblioteca escolar...matemático”, o equipo de biblioteca pensou que era moi interesante dar a coñecer ao noso alumnado a colección de libros confeccionados polo alumnado actual e polos compañeiros/as que xa están no instituto. Por este motivo, titulamos a colección: “Edicións Laxeiro”. 

Os primeiros visitantes foron os nenos/as de 6º A de Educación Infantil. Podemos ver na imaxe que vén a continuación o atentos que estaban ás explicacións da mestra Isabel García.



Acto seguido, puideron gozar dos volumes dentro da Biblioteca. Estiveron moi entretidos!!











Por outra parte, estamos a preparar as Mochilas Viaxeiras. Este curso recuperamos a entrega de dúas por aula para que a permanencía destas lecturas e dvd,  nas vosas casas sexa do maior tempo posible.


EN BREVE AS TEREDES NAS VOSAS CASAS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario