lunes, 26 de enero de 2015

30 DE OUTUBRO
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Como todos os anos, nestas datas achégase a conmemoración do Día Escolar Pola Paz e a non Violencia. Dende a Biblioteca programamos unha serie de actividades que se recollen na unidade didáctica que vos presentamos e que poñemos a disposición de todo o profesorado do centro.

A actividade central deste curso está relacionada coa gastronomía, pero a intención é ir un pouco máis aló do bo xantar. Titúlase "Receitas para comer en paz e en compañía" porque a alimentación e a paz son dereitos de toda a humanidade: "Temos dereito a vivir en paz" como cantaba o malogrado cantautor Víctor Jara (asasinado en Chile en 1973).

A través da gastronomía trataremos de educar ao noso alumnado na.
NON VIOLENCIA
NO RESPECTO
NA TOLERANCIA
NA DIVERSIDADE
NA MULTICULTURALIDADE
NO ESFORZO
NO TRABALLO 
NA SUPERACIÓN...
Ao final, confeccionaremos o noso libro de receitas para comer en paz e en compañía.

Tamén puxemos á disposición de todo o profesorado e alumnado unha serie de libros relacionados con estes temas. Todos eles conforman unha exposición na entrada principal da biblioteca, o profesorado escolle aqueles  que considere oportuno para desenvolver a unidade didáctica reflectida.
Todo isto complétase con outras actividades que imos desenvolver ao longo desta semana en colaboración con outros equipos de coordinación docente. 





miércoles, 21 de enero de 2015

ROSA HUERTAS NO COLEXIO
"LA CAJA DE LOS TESOROS”
Editorial Edelvives, 2012
Colección Ala Delta




O luns, 20 de xaneiro tivemos a visita de Rosa Huertas. Fermoso nome e apelidos da autora de “La caja de los tesoros”, “Mala Luna”, “Tuerto, maldito y enamorado”  ( X Premio Alandar de Literatura juvenil  2010) e marabillosa charla ao alumnado de 6º curso de primaria.

O nenos/as leron “La caja de los tesoros”, un libro case autobiográfico que narra as vivencias de Sofía nas vacacións de verán  no mediterráneo xunto con Miguel, un amigo moi especial, e toda unha panda coa que comparte uns días moi especiais.




"As vacacións de verano de Sofía na praia van cambiar a súa vida e a de Miguel.

Nas súas mans está o destino non soamente das súa vidas senón tamén do futuro dun lugar moi especial que pode desaparecer se cae nas mans dos especuladores.

Os dous proponse, xunto coa súa panda de amigos, evitar que os seus sonos queden soterrados baixo o cemento e un montón de ladrillos".






Un magnífico libro no que se mesturan os recordos persoais co mundo imaxinario da autora que o fan moi próximo aos nenos/as