lunes, 23 de marzo de 2015

UNHA SEMANA MOI MOVIDA.

PACO NOGUEIRAS


Estes últimos días foron trepidantes na Biblioteca: en menos de dez días, nos visitaron nada máis e nada menos que o polifacético músico Paco Nogueiras e dous reputados escritores, Gonzalo Moure e Vicente Muñoz Puelles.

O pasado xoves, día 12, Paco Nogueiras fixo as delicias dos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil. Pasadas as doce do mediodía, os nenos e nenas de cinco anos agardaban expectantes a visita do músico que, días previos,  lles fixera chegar unha carta de presentación. Nogueiras foi quen de marabillalos/as dende o primeiro momento a través das súas pegadizas cancións pertencentes ao seu libro CD-DVD “Brinca vai!” e dos contos que tan ben lles soubo contar. Esta actividade correu a cargo da editorial   Kalandraka á que estamos subscritos desde hai anos porque, como figura  no seu slogan, son “libros para soñar”. Nenos, nenas e maiores, non pararon de rir  e cantar. Antes de marchar, agasallounos cun póster moi simpático para decorar a Biblioteca.


AQUÍ PODEDES VER UNHAS IMAXES DUNS DIVERTIDOS MOMENTOS




GONZALO MOURE





















O mércores 18, contamos coa presenza do autor valenciano, Gonzalo Moure. O título do seu libro “Cama y cuento” foi elixido dentro do itinerario lector para os alumnos e alumnas de 3º curso de Ed. Primaria.
A pesar de ser a última hora da xornada lectiva, Moure acaparou a atención do alumnado con grande interese. Na presentación alagou  a nosa biblioteca, pareceulle un lugar máxico polas cores, pola disposición do mobiliario, pola luz… Despois  invitou ao noso alumnado a que lle fixeran preguntas. En cada unha das respostas había reflexións profundas, con plantexamentos sociais, humanitarios, ecoloxistas…
Contounos que  lle gustaba moito ler dende ben pequeno, que o  seu avó era poeta e que á súa nai tamén escribía contos que despois lía aos seus cinco fillos, aínda nunca chegou a  publicar. Escoitar á súa mamá lerlles un daqueles contos, era o mellor recordo que ten da súa vida.




Para escribir “Cama y Cuento”, inspirouse nunha neniña que, nun club de lectura, choraba desconsolada porque aprendera a ler e en consecuencia, a súa nai xa non lle lería os contos na cama, antes de durmir.
Para el, escribir e vivir son termos inseparables e foi así como  inventou a palabra  “escrivivir”. Falou do seu primeiro libro de ciencia -  ficción “Geranium”que trata sobre mundos extraterrestres. Un bo momento para reflexionar sobre a vida e a morte. Dixo que a vida continúa, que non hai morte, que uns vivimos en outros. Isto explicouno a través dunha anécdota cun dos seus cans: despois de morrerlle, fíxose con outro e,  nese outro, estaba aquel ao que tanto quixo. Os nenos e nenas estaban cos ollos como pratos, moi atentos ante  aquelas palabras cheas de esperanza e profundidade.
Non se esqueceu falar dos desfavorecidos, dos habitantes do Sahara.
A charla foi fantástica! O alumnado estaba implicadísimo, encantados e encantadas de entregarlle uns debuxos dedicados por eles. A pena foi que non houbera máis tempo, aínda que si tivemos o suficiente para asinar todos os exemplares. 


GRAZAS GONZALO!!!! 

ESPERAMOS QUE VOLVAS - OUTRO ANO MÁIS - A 

ENTUSIASMARNOS COAS TÚAS ESPERANZADORAS E SOSEGADAS VERBAS!



VICENTE MUÑOZ PUELLES

Ao día seguinte, visitounos Vicente Muñoz Puelles, autor do Libro “Oscar y el león de correos”, de lectura recomendada para o alumnado de 2º de Ed Primaria. Valenciano como Moure, tamén respondeu ás preguntas que lle fixeron os nenos e nenas. 



Contou que para escribir o libro, inspirouse nos buzóns que había antano, na época franquista, cun león esculpido,  en cuxa boca se botaban as cartas. Aquela figura metíalle moito medo ata que un día,  o xefe de correos,  invitouno a ver o que había detrás. Puido ver así como se deslizaban as cartas e como aquel home as clasificaba para facilitar o reparto.











Os nenos e nenas preguntáronlle moitas cousas sobre a ilustradora. 
Notóuselles ben que lles gustaron os debuxos!




lunes, 16 de marzo de 2015

UNHA FANTÁSTICA NOTICIA
PREMIO ÁS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Todas as bibliotecas escolares galegas están de noraboa porque acaban de recibir o Premio Francisco Fernández del Riego. 




A Asociación Galega de Editores acordouno o pasado 19 de febreiro: "O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria". 



domingo, 15 de marzo de 2015


As librarías e as editoras entregaron os seus premios anuais. As editoriais premiaron a María Raimóndez e as librarías a Yolanda Castaño.

Entre todos os premiados nós destacamos o premio Neira Vilas para o libro de Ledicia Costas"Escarlatina a cociñeira defunta", editado por Xerais. Libro que está a gozar coa súa lectura o alumnado de 6º curso de primaria e autora que teremos o pracer de tela con todos nós no próximo mes de abril.



NORABOA A TODAS/OS! 








domingo, 8 de marzo de 2015



Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller e dende a nosa biblioteca queremos recordalo facendo chegar a toda a comunidade educativa unha pequena homenaxe a través da palabra de Mafalda. 

Nos enlaces atoparedes esta información pero mirade na rede. Nela podedes ler moitos artigos e información moi interesante e que é imprescindible coñecer.

sábado, 7 de marzo de 2015


FINA CASALDERREY

"Historia da bicicleta dun home lagarto"
Ed. Xerais.
Col. Sopa de Libros

O pasado venres, día 6, gozamos da visita da escritora Fina Casalderrey. Non é a primeira vez que contamos coa súa presenza na Biblioteca, xa que visitounos en cursos anteriores. É unha das nosas escritoras favoritas!!!

Comezou a  charla agradecendo os carteis de benvida que lle fixeron os alumnos/as de 5º de Educación Primaria. Durante este curso escolar e dentro dos seus itinerarios lectores traballaron o seu libro titulado “Historia da bicicleta dun home lagarto”, editado por Xerais.



                             


Corenta anos dedicados a ensinar e a transmitir o seu amor á lectura, a contar historias da vida e animando coa forza da palabra aos que queren e saben escoitar.

A través do seu inseparable micrófono, a través da súa presenza con voz delicada e forte ao mesmo tempo, é o pulo que alimenta aos que temos a sorte de podela escoitar.




Relatounos anécdotas da súa propia vida: as súas orixes humildes pero felices, a pegada que deixaron os seus pais, como empezou a contar historias, como se fixo escritora, como chegaron os primeiros premios de literatura, e como seguiron chegando, incluso sen presentarse. Tal é o caso do Premio Nacional de Literatura pola obra, “O misterio dos fillos de lúa”. Coa humildade dos e das grandes, dixo que os premios son como unha lotería, se hai a sorte de que alguén dun xurado lea unha obra e lle guste…



Pero sabemos ben cal é o motivo de que sexa unha escritora tan laureada. É capaz de conmovernos coas súas verbas, de chegar a nós, o que non é doado nesta sociedade onde sobran distraccións banais.

Fixo un rápido percorrido polo seu periplo literario, dende as dúas primeiras novelas de literatura infantil e xuvenil “Mutacións genéticas e “Dúas bágoas por máquina” de contido fantástico e de ficción, ata a última, a que tivemos o pracer de incluír no itinerario lector.

En “Historia dunha bicicleta dun home lagarto”, inspirouse nunca bicicleta que viu nun museo en Madrid, que pertenceu a un celador de telefonía dos anos trinta, Ambientada na Guerra Civil, Casalderrey intentou evitar traumas aos xoves lectores e lectoras pero, ao mesmo tempo, non quixo agochar a crúa realidade da época. Unha idea deixouna  clara, que as guerras deben evitarse.

Contounos o conto “Eu son eu”, interactuando cos nenos e nenas, coa dozura que ela sabe empregar.

Ao rematar a charla, tivo a amabilidade de asinar  os exemplares ao alumnado e tamén o libro xigante da Biblioteca, “Os astros da Literatura”. Posou coma a raíña das palabras no trono dos contos.  Só nos queda, dende aquí, unha vez máis, darlle as grazas por la súa marabillosa presenza.  














SABELA GAGO
"A COVA DA FORTUNA"

De novo Sabela Gago con nós. Esta vez co alumnado de 5º e 6º de educación primaria. Un conto participativo e que a nosa alumna Ana Garrandés de 6º curso B escribiuno para non esquecelo!. 


domingo, 1 de marzo de 2015

DAVID FERNÁNDEZ SIFRES

TODO UN DESCUBRIMENTO PARA NÓS



O pasado mércores, día 25 de febreiro, os nenos e nenas de 4º curso de  Educación Primaria gozamos da esperada visita de David Fernández Sifres, autor do libro que lemos este trimestre “¡Que vienen los marcianos!”, e que escollemos na área de lingua castelá e que forma parte dos itinerarios lectores do noso centro. 




Os nenos  e nenas participaron activamente na sesión e  responderon acertadamente a todas as preguntas que o autor lles plantexou sobre o argumento, o que lle encheu de  satisfacción. Aproveitou para informarmos de que está pendente de saír á venta o libro: “¡Que viene los fantasmas!” que ao seu entender é igual de entretido que este.

Este polifacético autor contounos multitude de anécdotas da súa propia vida: que ademais de escritor pertence á escala superior de funcionarios do Estado, que actuou como extra na película “Juana la Loca” de Vicente Aranda, e  tamén nun curto xunto con Pablo Carbonel "El silencio de los libros".




Para rematar firmou os exemplares, todos e cada un cunha dedicatoria personificada. Tamén asinou no libro xigante da Biblio: “Os astros da Literatura”. 



Foi todo un pracer coñecer a este enxeñoso autor. Con el aprendemos como se foi fraguando esta hilarante historia: 

“¡Que vienen los marcianos!”.
David Fernández Sifres
                        Edelvives, 2014. Ilustraciones de Ximena Maier Pan De Soraluce.

"De todos los pueblos del mundo, van los marcianos y deciden visitar Villavernes de la Vega. Pancho, Teban y Joseque son los únicos que parecen comprender la importancia de una visita extraterrestre. Están convencidos de que si no quedan contentos invadirán el planeta. Por eso harán lo imposible para preparar una bienvenida por todo lo alto. Ya tienen merienda, hospedaje y hasta aeropuerto para ovnis. Pero se les escapa un detalle muy importante…"