lunes, 23 de marzo de 2015

UNHA SEMANA MOI MOVIDA.

PACO NOGUEIRAS


Estes últimos días foron trepidantes na Biblioteca: en menos de dez días, nos visitaron nada máis e nada menos que o polifacético músico Paco Nogueiras e dous reputados escritores, Gonzalo Moure e Vicente Muñoz Puelles.

O pasado xoves, día 12, Paco Nogueiras fixo as delicias dos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil. Pasadas as doce do mediodía, os nenos e nenas de cinco anos agardaban expectantes a visita do músico que, días previos,  lles fixera chegar unha carta de presentación. Nogueiras foi quen de marabillalos/as dende o primeiro momento a través das súas pegadizas cancións pertencentes ao seu libro CD-DVD “Brinca vai!” e dos contos que tan ben lles soubo contar. Esta actividade correu a cargo da editorial   Kalandraka á que estamos subscritos desde hai anos porque, como figura  no seu slogan, son “libros para soñar”. Nenos, nenas e maiores, non pararon de rir  e cantar. Antes de marchar, agasallounos cun póster moi simpático para decorar a Biblioteca.


AQUÍ PODEDES VER UNHAS IMAXES DUNS DIVERTIDOS MOMENTOS




GONZALO MOURE





















O mércores 18, contamos coa presenza do autor valenciano, Gonzalo Moure. O título do seu libro “Cama y cuento” foi elixido dentro do itinerario lector para os alumnos e alumnas de 3º curso de Ed. Primaria.
A pesar de ser a última hora da xornada lectiva, Moure acaparou a atención do alumnado con grande interese. Na presentación alagou  a nosa biblioteca, pareceulle un lugar máxico polas cores, pola disposición do mobiliario, pola luz… Despois  invitou ao noso alumnado a que lle fixeran preguntas. En cada unha das respostas había reflexións profundas, con plantexamentos sociais, humanitarios, ecoloxistas…
Contounos que  lle gustaba moito ler dende ben pequeno, que o  seu avó era poeta e que á súa nai tamén escribía contos que despois lía aos seus cinco fillos, aínda nunca chegou a  publicar. Escoitar á súa mamá lerlles un daqueles contos, era o mellor recordo que ten da súa vida.




Para escribir “Cama y Cuento”, inspirouse nunha neniña que, nun club de lectura, choraba desconsolada porque aprendera a ler e en consecuencia, a súa nai xa non lle lería os contos na cama, antes de durmir.
Para el, escribir e vivir son termos inseparables e foi así como  inventou a palabra  “escrivivir”. Falou do seu primeiro libro de ciencia -  ficción “Geranium”que trata sobre mundos extraterrestres. Un bo momento para reflexionar sobre a vida e a morte. Dixo que a vida continúa, que non hai morte, que uns vivimos en outros. Isto explicouno a través dunha anécdota cun dos seus cans: despois de morrerlle, fíxose con outro e,  nese outro, estaba aquel ao que tanto quixo. Os nenos e nenas estaban cos ollos como pratos, moi atentos ante  aquelas palabras cheas de esperanza e profundidade.
Non se esqueceu falar dos desfavorecidos, dos habitantes do Sahara.
A charla foi fantástica! O alumnado estaba implicadísimo, encantados e encantadas de entregarlle uns debuxos dedicados por eles. A pena foi que non houbera máis tempo, aínda que si tivemos o suficiente para asinar todos os exemplares. 


GRAZAS GONZALO!!!! 

ESPERAMOS QUE VOLVAS - OUTRO ANO MÁIS - A 

ENTUSIASMARNOS COAS TÚAS ESPERANZADORAS E SOSEGADAS VERBAS!



VICENTE MUÑOZ PUELLES

Ao día seguinte, visitounos Vicente Muñoz Puelles, autor do Libro “Oscar y el león de correos”, de lectura recomendada para o alumnado de 2º de Ed Primaria. Valenciano como Moure, tamén respondeu ás preguntas que lle fixeron os nenos e nenas. 



Contou que para escribir o libro, inspirouse nos buzóns que había antano, na época franquista, cun león esculpido,  en cuxa boca se botaban as cartas. Aquela figura metíalle moito medo ata que un día,  o xefe de correos,  invitouno a ver o que había detrás. Puido ver así como se deslizaban as cartas e como aquel home as clasificaba para facilitar o reparto.











Os nenos e nenas preguntáronlle moitas cousas sobre a ilustradora. 
Notóuselles ben que lles gustaron os debuxos!




No hay comentarios:

Publicar un comentario