lunes, 26 de diciembre de 2016

GUÍA DE LECTURA NADAL 2016-2017
"ARTE-LLANDO NO LAXEIRO"
Aquí tedes a Guía de lectura que sempre edita a biblioteca do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro. Unha serie de lecturas para compartir e gozar nestes días tan especiáis.
Bó Nadal!





EN DECEMBRO TAMÉN CONTAMOS TODOS/AS

domingo, 20 de noviembre de 2016

CONTAMOS TODOS/AS




Comeza a actividade de “Contamos todos”. Damos continuidade así a iniciativa que emprendemos o curso pasado e que acadou un grande éxito de participación: preguntas curiosas, enigmas, adiviñas ... que estarán expostas nas entradas principais do colexio.

HAI UNHA NOVIDADE 

IMPORTANTE!!!!

A ver quen é de descubrila!














domingo, 30 de octubre de 2016

PROGRAMAMOS O 
PRIMEIRO TRIMESTRE

Para transmitir a información ao profesorado elaboramos un díptico coas actividades que relatamos na entrada anterior e outras que estamos e/ou imos desenvolver e que están relacionadas coa Formación de Usuarios e as Animacións lectora. 


Isto o completaremos con outras como poden ser diversas exposicións: libros das emocións, exposición e reparto de xogos matemáticos ... e o comezo da actividade “Contamos Todos”  (as preguntas dos mes relacionadas coa ciencia e coas artes, seguindo a mesma actividade do curso anterior).


24 De OUTUBRODÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


O 24 de outubro, como cada ano dende o 1997 promovido por La Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil” celebramos o Día da Biblioteca Escolar. Elixiuse esta data para lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante o conflito dos Balcáns. A intención é trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e convivencia humana.

Queremos comezar, igual que en anos precedentes, coa presentación do cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou a principios do mes de outubro, para celebrar este día tan especial para nós. 

Este curso o lema escollido foi “ Biblioteca escolar – Territorio das Artes”. E así explica a súa visión do lema deste día,Minia Rego, a ilustradora seleccionada este ano para conmemorar este día: “O resultado é esta ilustración, coa que quero convidar aos nenos a que xoguen a buscar as diferentes artes que conforman a paisaxe. Por iso, as protagonistas son nenas lectoras e armadas debuxantes que se lanzan á aventura da imaxinación”. Minia Rego

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)”.

Este lema pareceunos moi axeitado para desenvolver o noso PDI (Proxecto Documental Integrado) anual, polo que entre todo o Claustro de profesores lle puxemos como título: 

“Arte-llando no Laxeiro”

Parte das actividades que imos desenvolver ao longo do curso 2016-2017 estarán enfocadas dende a perspectiva da arte no máis sentido amplo da palabra. Todos os equipos docentes traballaremos de forma coordinada para que,como diciamos a biblioteca sexa ese lugar de encontro para gozar da lectura, onde atopar a información que precisamos ademais dun lugar para o encontro coa cultura.


ACTIVIDADES 

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Que mellor que comezar a repartir as Mochilas Viaxeiras ás respectivas aulas, para que as familias compartan nas súas casas momentos de lectura: libros, revistas, Dvd, "O Conto de Gromiño" e un caderno para que cada familia escriba, debuxe, aporte ideas ...e entre todos fagamos desta actividade un medio para comunicarnos.

Como en anos anteriores o alumando de 6º curso  foi o encargado de levalas ás respectivas aulas. 






FORMACIÓN DE USUARIOS E ANIMACIÓNS LECTORAS 

A Biblioteca de Gromiño tamén celebrou este día, e o equipo de biblioteca considerou que había que comezar e centrarnos en dous tipos de actividades:




  • A formación de usuarios, co obxectivo de introducir ao alumando de infantil e primaria no coñecemento da nosa biblioteca, coñecer e chegar a dominar o espazo, as súas áreas e seccións e as zonas correspondentes segundo as idades e/ou contidos.                                                       O equipo de biblioteca encargouse de levar aos nenos/as á biblioteca para escoitar e ver en modo presentación ”O Conto de Gromiño” e como a través da súa historia podemos saber como funciona a biblioteca, cales son as súas normas, como estar nela e que podemos facer. Todas as actividades relacionadas coa Formación de Usuarios levarémolas a cabo ao longo de todo o curso escolar, sendo neste primeiro trimestre o eixo das actividades.  





  • A animación lectora, con varias propostas enfocadas a educación infantil e a educación primaria. O obxectivo principal é fomentar a lectura individual e compartida favorecendo o encontro entre compañeiros/as, o desenvolvemento da capacidade de escoitar, a ampliación de lecturas en canto a temas, autores ...










COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Benvida a todos e a todas!
Comezamos un ano máis a traballar na biblioteca de Gromiño coas mesmas ilusións e forzas que estes últimos anos: expurgar material, adecuar os espazos, rexistrar e colocar os novos materiais, preparar as Mochilas viaxeiras... e darlle ao coco para crear novos contidos, son os nosos obxectivos co fin de facer da nosa biblioteca un referente imprescindible para o desenvolvemento da tarefa diaria. E xa estamos preparados para desenvolver as actividades que fomos programando ao longo do mes de setembro e que concretamos no Plan Anual de Lectura. 


jueves, 30 de junio de 2016

domingo, 12 de junio de 2016

A FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante este curso escolar elaboramos esta presentación para dar a coñecer mellor a nosa biblioteca. A nosa primeira intención é mostrar dun xeito máis visual como está organizada, que posibilidades ofrece á comunidade educativa e, sobre todo que este coñecemento sirva para que a sintamos como o un recurso imprescindible para a aprendizaxe do noso alumnado.

Pretendemos sacar o máximo proveito dela, tanto no relacionado co coñecemento e o uso dos seus fondos como no referente aos distintos servizos que ofrece e pode ofrecer no futuro próximo. Por iso, a intención para o curso 2016-2017 do equipo de biblioteca é elaborar un programa de actividades por niveis e/ou etapas educativas para promocionala, garantir este aproveitamento e conseguir que a biblioteca sexa o núcleo do Proxecto curricular de centro. 


video

miércoles, 1 de junio de 2016

A TRAXEDIA DE JAUREGUIZAR?

Así comezou a contar o autor de “Os Sabuxos no museo prohibido” todas as supostas traxedias que lle sucederan dende pequeno. A primeira que contou foi que o seu pai era profesor de matemáticas e a el as matemáticas se lle daban fatal, e aínda por riba suspendía sempre.

Tamén contounos que probara a debuxar, pero decatouse que tampouco se lle daba moi ben. Probou a escribir letras de cancións e a tocar a guitarra. Músico non pero descubriu que escribir si que se lle daba ben.
Aos 14 anos escribía as súas primeiras poesías e aos 16  xa aventurouse a outras cousas. De maior estudou periodismo e agora traballa no Xornal “O Progreso” da cidade de Lugo.

Falounos da inspiración. El atópaa nas cousas do día a día, como pode ser a cidade ou o barrio onde vive, o taberneiro, os policías, os veciños ... pero tamén nalgúns personaxes da televisión de cando era pequeno. Así foi como inventouse a Nica, a protagonista de Os Sabuxos, inspirada en Pipi Calzaslargas, personaxe dunha serie que lle encantaba.
Nós fixémoslle moitas preguntas e el respondía dunha forma moi divertida. Lle pedimos que continuara escribindo sobre estes personaxes tan divertidos e el nos anunciou que xa o estaba a facer e que era posible que “uns animais se escapen polo barrio dos Aventados y ...”. Tamén deunos unha boa noticia: é moi posible que nun futuro podamos mirar uns personaxes de cómic na TVG, creados por el!!! “.

A ver se é certo, grazas e esperamos poder ver a este fantástico escritor o curso que vén.
Miguel Pérez Cabirta e Lucas Cartón Colinas
5º A



Teño que dicir que foi moi divertido porque falaba de forma moi alegre. O libro dos Sabuxos gustoume moito porque ao final todo acaba ben: os pais encontran aos seus trasgos sabuxos”.
Sara Pazó Vila
5º A




Encantoume este autor porque contounos a súa historia dende que era pequeno. Tiña moita imaxinación e foi un grande descubrimento.
Brais Miguélez Ramírez
5º A


Me pareció un autor muy gracioso, muy divertido y también muy amable. Su libro nos explica cómo sobrevivir en un barrio como el de los Aventados. Un barrio lleno de misterios y con unos habitantes peculiares como Nica. Personaje inspirado en Pipi Calzaslargas, o su padre un personaje que estaba inspirado en un tradicional y alocado dueño de un bar.
Celia Monedero Ramos
5º A

Santiago Jaureguizar gustoume moito porque nos contou como planea as súas ideas na cabeza. O que máis me impresionou foi que acordábase dos debuxos animados que vía de pequeno na televisión e que utilizaba tamén a súa imaxinación pensando son seus fillos, lles cambiaba o nome e xa tiña os seus personaxes. Todo o que dixo me encantou porque o dicía con moito misterio.
Andrea González Alonso
5º A



A miña opinión sobre a visita do autor de Os Sabuxos, foi moi positiva porque falamos moito entre todos. Espero que escriba  moitos libros e que lle saia ben o que ten pensado para unha serie de televisión.
Thais Alonso Álvarez
5º A

El encuentro con el autor de Os Sabuxos me pareció muy interesante porque nos contó cosas de su pasado y tuvimos tiempo para hacerle muchas preguntas y además, nos las respondió de una forma muy divertida y agradable.

Andrea Durán Estévez
5º B





Jaureguizar (Autor/a)

José Matalobos (Ilustrador/a)

Ed. Xeras. Sopa de Libros

viernes, 6 de mayo de 2016

A BIBLIO COAS LETRAS GALEGAS

Comenza o mes de maio e desde a Biblioteca queremos sumarnos ás conmemoracións das Letras Galegas; e facémolo achegando ao alumnado a data e o motivo desta celebración, así como a figura do escritor homenaxeado este ano 2016, Manuel María. Serán os nenos e nenas  os que investiguen voluntariamente estas e outras cuestións para así poder respostar á "Pregunta do mes". O primeiro foi rematar o panel coas preguntas; Mario e Luis, alumnos de 6ºA, foron os encargados desta tarefa.












Antes de publicar o panel do mes de maio, Nerea e Lucía de 6ºA, foron polas clases repartindo uns pequenos agasallos aos  participantes da pregunta do mes de abril. Vemos unha imaxe de Nicolás, alumno de terceiro, no momento de recibir o seu marcapáxinas.



Pero non foi este o único acontecemento que vivimos esta semana desde a Biblioteca.  O martes día 3 e o mércores día 4, os alumnos e alumnas de 3º de Ed Primaria visitaron a Biblioteca Central "Juan Compañel". Acompañados por César, un dos bibliotecarios, recibiron toda unha lección de formación de usuarios e usuarias. Resultou unha saída do máis didáctica e cultural.
 
Ana e Yago, disfrutando dun exemplar escrito en xaponés.


O xoves día 5, recibimos a Sabela Gago, conta-contos que, grazas á xentileza de Ed Santillana, repite visita igual que o curso pasado. Fixo dúas animacións lectoras, unha para 1º e  outra para 4º de Ed Primaria. Escenificou un conto no que parte do público público pudo participar activamente como protagonista. Foi fantástico, os alumnos e alumnas disfrutaron un montón.


Agustín de 4ºA, interpretando ao rei, subido o trono.


jueves, 5 de mayo de 2016

ALICIA  BORRÁS
“NATA Y CHOCOLATE”



Seguimos conmemorando o mes do libro coa visita de Alicia Borrás. Esta vez para falar do seu libro “Nata y chocolate” e tamén “Nata y chocolate invencibles” editados por Anaya na colección Sopa de Libros.






Aquí podedes ler os comentarios que realizaron dous alumnos de 6º curso:

"O día 28 de abril, veu ao noso cole Alicia Borrás Sanjurjo, autora de "Nata y chocolate" e "Nata y chocolate invencibles".

A charla de Alicia, ademais de divertida foi moi interesante. Contounos historias qu lle aconteceron a ela e tamén contou outras de coñecidos seus, invitándonos a coñecer e intentar evitar cousas tan horribles como a violencia de xénero ou o acoso escolar.

Tamén nos contou que eses libros naceron deses feitos, e que con eles quería transmitir que iso non debería ocorrer e que ademais os nenos eramos os que máis sofriamos estas situacións.

Ao final da charla puidémoslle facer preguntas sobre a súa vida e o seus libros; en resumo, foi unha charla memorable".
Lucía Rodríguez. Alumna de 6ª curso A de Ed. Primaria





"Alicia Borrás Sanjurjo me pareció una buena persona y muy divertida. Nos contó historias muy divertidas.

A mí lo que más me gustó fue que contó que tener un hijo, aunque fuera adoptado, era bueno para hacer una familia.

Nos trató muy bien y espero volver a hablar con ella". 
Emmanuel Ejike. Alumno de 6º curso A de Ed. primaria 



lunes, 25 de abril de 2016

ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL



       Como cada ano, facemos un alto nas nosas tarefas cotiás para lembrar o significado desta data tan importante,  e levamos á práctica actividades programadas especialmente para este día. Adiantamos o evento ao venres 22, xa que o 23 non foi lectivo. 
       Animamos a todos os alumnos e alumnas de Ed Primaria a traer un libro que xa tiveran moi lido e que estivera en perfecto estado,  para intercambialo con outro dun compañeiro ou compañeira. Non se trataba dun préstamo se non de dar e recibir un "agasallo literario", circunstancia  que se comunicou ás familias. A participación foi voluntaria e o resultado do máis dispar. Nalgunhas aulas a contribución foi numerosa, mentres que noutras o alumnado non foi receptivo a facer o cambio.
       A pesar desto último, pensamos que foi unha actividade  moi enriquecedora para os participantes, xa que ademais de levar para a casa un libro novo, sentironse moi ledos de que os seus exemplares foran a parar ás mans de compañeiros ou compañeiras; moitos cunha cariñosa dedicatoria. Con estas actitudes traballamos valores como a empatía, a tolerancia, a xenerosidade, a complicidade, e o intercambio de gustos e preferencias.
     A continuación algunhas imaxes do momento.














miércoles, 20 de abril de 2016

VISITAS DE AUTOR

Como cada curso por estas datas, se acumulan as animacións lectoras por parte de escritores e escritoras cuias obras foron elexidas como itinerario lector.


O 4 de abril visitounos OLI, autor de "O rato avó e o muraño", título elexido en lingua galega para segundo curso. Os nenos e nenas, xunto coa súas mestras, tiñan moitas ganas de coñecelo tras ler o libro.

Contoulles moitos contos e algúns dos seus segredos, como que as súas ideas aparecían en calquera momento e por iso leva sempre unhas libretiñas pequenas para escribirlas no momento que aparecen. Así, despois de moito traballo,  algunhas convérterse en libros e outras non. Desta forma,  chegou a escribir e publicar "Pirata pata de Lata" para o seu fillo cando era pequeno. 
Foi unha experiencia incrible coñecelo e que dese resposta a todas as súas preguntas.




O 13 de abril, foi ANXO FARIÑA o que tivo a cortesía de asistir á nosa biblioteca para impartir unha charla para os alumnos e alumnas de sexto curso de Ed Primaria. O título  que leron os rapaces e rapazas é "Os Megatoxos e o dragón de Xade".
Iria e Nerea de 6ºA foron as encargadas de redactar a súa particular crónica sobre o evento:






"Hoxe visitounos Axo Fariña, o escritor da famosa colección de Megatoxos. Veunos a dar unha charla aos alumnos de sexto sobre o seu último libro desta colección. Anxo Fariña é escritor e tamén ilustrador. É moi simpático, e na charla relatounos a súa experiencia na illa de Xapón, na que se inspirou para facer o libro. Trouxo unhas fotografías da súa viaxe, ensinounos os templos, as vivendas, os parques...
Fixo un debuxo dun compañeiro noso, pero un pouco máis fantástico. Engadiulle unhas ás e cambioulle a roupa.
Cando rematou firmounos os libros."   
                                                                                         
                                                                                                Iria.6ºA









"A charla que nos deu Anxo Fariña  tratou sobre como ilustra os seus libros, os escribe e inventa. Pareceume divertida. Tamén nos explicou en que se inspirou para escribir o libro nº5 dos Megatoxos, e como fixo para para elaborar toda a colección. Para inventar un personaxe, ten que velos antes en debuxo ou en persoa, como fixo co meu compañeiro."
                                                                                     
                                                                                            Nerea.6º A




O martes 19 , e para 3ºEd Primaria, tivemos o gusto de recibir a MARÍA SOLAR, autora do título, "La verdadera historia de la mosca de la tele". María, ademais de periodista,  traballa na TVG, tamén é bióloga e mestra. Na charla puxo de manifesto as súas dotes de mestra, xa que soubo chegar aos nenos cunha consigna: "Primeiro falar un pouco, logo escoitar"; de bióloga, pois coa axuda dunha montaxe foi contando curiosidades reais dos personaxes da historia: insectos e arañas, ; e de periodista, relatounos como é o mundo da televisión por dentro. Todos e todas escoitamos con moita atención e tomamos nota de que se a queremos volver a ver pronto, non temos máis que encender  o sábado a TVG e ver o programa "A revista de fin de semana". 
Foi todo un pracer recibir a María.
















                                                                                         

domingo, 10 de abril de 2016

ABRIL, UN MES DE LIBRO

Xa están expostas as preguntas correspondentes ao mes de abril na biblioteca, que se engloban dentro da actividade  "A pregunta do mes";  e como non podía ser doutra maneira, adicámolas  á vindeira data do Día do Libro.

Colaboraron na confección de carteis e murais, alumnas de 6º B de Ed. Primaria : Elisa, Lucía Vázquez, Marta González e María Salgueiro. Ao igual que outros alumnos e alumnas, adicaron o seu tempo de lecer a tarefas de organización e decoración da Biblioteca con moito gusto. Nesta imaxe podemos velas en acción:





O resultado foi o seguinte:






Andrés e Juan Esteban de 3ºA, achegáronse ao panel para participar na actividade e respostar á pregunta correspondente ao seu curso.





Aproveitamos para informar desde este noso recuncho na rede, que como cada ano se celebraron os "Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/2016" aos que asistiu a Coordinadora da Bibliolaxeiro como representante do centro. A participación do noso colexio neste acto,  supón que nos atopamos  na  vangarda de todas as novas referentes a biblotecas escolares de Galicia.
Agradecemos o esforzo de Bibliotecas Escolares na organización destes eventos, así como o traballo humano e técnico na procura de dar impulso e visibilidade ás bibliotecas nos centros como núcleos de formación e aprendizaxe en competencias. Destacar tamén,  o empeño na formación do profesorado e o investimento na  mellora de fondos e espazos de biblioteca.