viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2016

Como cada ano celebramos  o Día Escolar da non Violencia e a Paz na escola. Este curso coincide en día non lectivo, sábado 30 de xaneiro, polo que adiantamos as actividades conmemorativas ao venres 29.
Durante toda a semana permaneceron expostos  unha variedade de libros con temática de valores para que alumnado e profesorado puideran dispoñer deles.



 

Aproveitando esta data quixemos achegar aos nosos alumnos/as a figura dos refuxiados. Procuramos tratar o tema con delicadeza dada a crudeza desta crise que nos afecta a todos. Desde a Biblioteca buscamos recursos e atopamos na páxina de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) o conto "La pequeña Carlota" que nos deu pé para introducir o tema e traballar sentimentos e emocións. 

Proxectámolo o na biblioteca e despois de visionalo invitamos a todos os nenos/as a reflexionar sobre o tema que plantexa este sinxelo e magnífico conto. Tamén o imprimimos e plastificamos para que entre a formar parte da nosa biblioteca.























 https://www.eacnur.org/content/unidad-did-ctica-la-peque-carlota

Os nenos e nenas plasmaron a súas sensacións con frases e debuxos que  pegamos nun mural:









No hay comentarios:

Publicar un comentario