lunes, 25 de abril de 2016

ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL



       Como cada ano, facemos un alto nas nosas tarefas cotiás para lembrar o significado desta data tan importante,  e levamos á práctica actividades programadas especialmente para este día. Adiantamos o evento ao venres 22, xa que o 23 non foi lectivo. 
       Animamos a todos os alumnos e alumnas de Ed Primaria a traer un libro que xa tiveran moi lido e que estivera en perfecto estado,  para intercambialo con outro dun compañeiro ou compañeira. Non se trataba dun préstamo se non de dar e recibir un "agasallo literario", circunstancia  que se comunicou ás familias. A participación foi voluntaria e o resultado do máis dispar. Nalgunhas aulas a contribución foi numerosa, mentres que noutras o alumnado non foi receptivo a facer o cambio.
       A pesar desto último, pensamos que foi unha actividade  moi enriquecedora para os participantes, xa que ademais de levar para a casa un libro novo, sentironse moi ledos de que os seus exemplares foran a parar ás mans de compañeiros ou compañeiras; moitos cunha cariñosa dedicatoria. Con estas actitudes traballamos valores como a empatía, a tolerancia, a xenerosidade, a complicidade, e o intercambio de gustos e preferencias.
     A continuación algunhas imaxes do momento.














miércoles, 20 de abril de 2016

VISITAS DE AUTOR

Como cada curso por estas datas, se acumulan as animacións lectoras por parte de escritores e escritoras cuias obras foron elexidas como itinerario lector.


O 4 de abril visitounos OLI, autor de "O rato avó e o muraño", título elexido en lingua galega para segundo curso. Os nenos e nenas, xunto coa súas mestras, tiñan moitas ganas de coñecelo tras ler o libro.

Contoulles moitos contos e algúns dos seus segredos, como que as súas ideas aparecían en calquera momento e por iso leva sempre unhas libretiñas pequenas para escribirlas no momento que aparecen. Así, despois de moito traballo,  algunhas convérterse en libros e outras non. Desta forma,  chegou a escribir e publicar "Pirata pata de Lata" para o seu fillo cando era pequeno. 
Foi unha experiencia incrible coñecelo e que dese resposta a todas as súas preguntas.




O 13 de abril, foi ANXO FARIÑA o que tivo a cortesía de asistir á nosa biblioteca para impartir unha charla para os alumnos e alumnas de sexto curso de Ed Primaria. O título  que leron os rapaces e rapazas é "Os Megatoxos e o dragón de Xade".
Iria e Nerea de 6ºA foron as encargadas de redactar a súa particular crónica sobre o evento:






"Hoxe visitounos Axo Fariña, o escritor da famosa colección de Megatoxos. Veunos a dar unha charla aos alumnos de sexto sobre o seu último libro desta colección. Anxo Fariña é escritor e tamén ilustrador. É moi simpático, e na charla relatounos a súa experiencia na illa de Xapón, na que se inspirou para facer o libro. Trouxo unhas fotografías da súa viaxe, ensinounos os templos, as vivendas, os parques...
Fixo un debuxo dun compañeiro noso, pero un pouco máis fantástico. Engadiulle unhas ás e cambioulle a roupa.
Cando rematou firmounos os libros."   
                                                                                         
                                                                                                Iria.6ºA









"A charla que nos deu Anxo Fariña  tratou sobre como ilustra os seus libros, os escribe e inventa. Pareceume divertida. Tamén nos explicou en que se inspirou para escribir o libro nº5 dos Megatoxos, e como fixo para para elaborar toda a colección. Para inventar un personaxe, ten que velos antes en debuxo ou en persoa, como fixo co meu compañeiro."
                                                                                     
                                                                                            Nerea.6º A




O martes 19 , e para 3ºEd Primaria, tivemos o gusto de recibir a MARÍA SOLAR, autora do título, "La verdadera historia de la mosca de la tele". María, ademais de periodista,  traballa na TVG, tamén é bióloga e mestra. Na charla puxo de manifesto as súas dotes de mestra, xa que soubo chegar aos nenos cunha consigna: "Primeiro falar un pouco, logo escoitar"; de bióloga, pois coa axuda dunha montaxe foi contando curiosidades reais dos personaxes da historia: insectos e arañas, ; e de periodista, relatounos como é o mundo da televisión por dentro. Todos e todas escoitamos con moita atención e tomamos nota de que se a queremos volver a ver pronto, non temos máis que encender  o sábado a TVG e ver o programa "A revista de fin de semana". 
Foi todo un pracer recibir a María.
















                                                                                         

domingo, 10 de abril de 2016

ABRIL, UN MES DE LIBRO

Xa están expostas as preguntas correspondentes ao mes de abril na biblioteca, que se engloban dentro da actividade  "A pregunta do mes";  e como non podía ser doutra maneira, adicámolas  á vindeira data do Día do Libro.

Colaboraron na confección de carteis e murais, alumnas de 6º B de Ed. Primaria : Elisa, Lucía Vázquez, Marta González e María Salgueiro. Ao igual que outros alumnos e alumnas, adicaron o seu tempo de lecer a tarefas de organización e decoración da Biblioteca con moito gusto. Nesta imaxe podemos velas en acción:





O resultado foi o seguinte:






Andrés e Juan Esteban de 3ºA, achegáronse ao panel para participar na actividade e respostar á pregunta correspondente ao seu curso.





Aproveitamos para informar desde este noso recuncho na rede, que como cada ano se celebraron os "Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/2016" aos que asistiu a Coordinadora da Bibliolaxeiro como representante do centro. A participación do noso colexio neste acto,  supón que nos atopamos  na  vangarda de todas as novas referentes a biblotecas escolares de Galicia.
Agradecemos o esforzo de Bibliotecas Escolares na organización destes eventos, así como o traballo humano e técnico na procura de dar impulso e visibilidade ás bibliotecas nos centros como núcleos de formación e aprendizaxe en competencias. Destacar tamén,  o empeño na formación do profesorado e o investimento na  mellora de fondos e espazos de biblioteca.



domingo, 3 de abril de 2016

MES DE ABRIL, O MES DOS LIBROS


Un ano máis as biblioteca escolares de Galicia celebramos dúas datas específicas para que o libro e a literatura sexa o eixo vertebrador de moitas actividades. O primeiro deles é o Día Internacional do Libro Infantil -2 de abril- no que conmemoramos o nacemento de Hans Christian Andersen e coma en anos anteriores a IBBY (International Board on books for Young People) e a súa sección española a OEPLI xunto con outras entidades como GALIX editan un cartel dun ilustrador e unha mensaxe dun escritor/a para que reflexionemos sobre o libro, a lectura, as bibliotecas...

Este ano tocoulle o turno á sección do IBBY de Brasil e en concreto á escritora brasileira Luciana Sandroni e ao ilustrador tamén brasileiro Ziraldo.

O 23 de abril é a outra data importante da que vos informaremos máis adiante.


ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO NOSO COLEXIO

Este curso, decidimos unir tres datas: o 27 de marzo, Día Internacional do Teatro; o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e 23 de abril Día Internacional do Libro. Todas as actividades que estamos a desenvolver e as que levaremos a cabo ao longo deste mes xiran arredor do teatro. 

27 DE MARZO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

En 1948, varias personalidades do mundo teatral, propuxeron, xunto coa UNESCO, a creación dun Instituto Internacional de Teatro (ITI / UNESCO).

Este Instituto Internacional de Teatro se reunía anualmente e nunha desas reunións (en 1961) o Centro ITI Finés propuxo crear un Día Mundial do Teatro. Así foi como en 1962, un 27 de marzo, tivo lugar a apertura da tempada teatral  e a inauguración do Teatro das Nacións de París polo que se elixiu esta data para conmemorar este Día.

Dende ese 27 de marzo de 1962, unha personalidade do mundo do teatro é invitada a escribir a Mensaxe Internacional que se traduce a 20 idiomas e é lido antes da función diante dos espectadores que nese día asisten ao teatro. 


“O teatro é capaz de dar unha palabra de boca a boca, unha mirada de ollo a ollo, un xesto de man a man e de corpo a corpo”.

“O teatro estivo e sempre permanecerá”


                 

viernes, 1 de abril de 2016

XELÍS DE TORO NA "BIBLIOPINTORLAXEIRO"



        Hoxe venres, 1 de abril, recibimos ao escritor e músico afeccionado, Xelís de Toro na biblioteca. Os nenos e nenas de Terceiro de Ed Primaria escoitaron con entusiasmo a animación lectora da súa obra: "O trompetista e a lúa", título escollido como itinerario lector en lingua galega para este curso.
 Comenzou atraendo a atención do público invitando a escoitar os sons do ambiente; foi nese momento cando se fixo un silencio na sala e se puido escoitar o ruído dos coches que circulaban pola rúa. Ese son tan cotiá foi capaz de enganchar ao alumnado e, dende ese intre, mergullounos na historia. Repasou o relato,  e ataviado cunha trompeta,  fixo as delicias de todos e todas.

    Cando rematou a exposición,  permitiu unha ronda de preguntas. Estela preguntoulle si o protagonista da historia  era real ou ficticio. Xelís respondeu que tiña  recordos de neno,  en Santiago de Compostela,  dun xeadeiro que tocaba a trompeta na Praza da Quintana , pero que cando o comenta cos seus amigos, estes non lembran ao devandito xeadeiro-trompetista...
      Lembrou a todos os nenos e as nenas con moito agarimo, que a música se atopa nos latexos do corazón.


   
        Antes de se marchar, moi gustosamente,  asinou todos e cada un dos exemplares do alumnado. Tamén tivo tempo de observar e agradecer os debuxos que fixeron os lectores e lectoras sobre a súa historia.






A continuación, unha montaxe fotográfica de todo o que deu de si esta agradable visita.


video