domingo, 25 de junio de 2017

REVISTA ESCOLAR ENCONTROS

O noso centro elabora todos os cursos a revista escolar "Encontros" na que se reflicten  as actividades que realiza todo o colexio. Aulas e equipos participan activamente na mesma coas súas achegas e a xefa de estudos, Elena  I. e de  Eugenia G. realizan a montaxe e confección final da mesma.  Na mesma va incluído parte do Boletín nº 8 da Biblioteca que completaremos en breve de forma independiente.
Un grande e laborioso traballo de coordinación que implica a todo un colectivo.


FIN DE CURSO EMOCIONANTE

O venres 23 de xuño, foi o último día de curso escolar e como todos os anos o centro o celebra con diversos actos: teatro, cancións, bailes... e ademais a  biblioteca entrega os premios aos alumnos/as máis lectores do 2016-2017: María e Marcos, Andrés e o outro Andrés, África e Diego foron os gañadores e merecedores dos agasallos. 

Un entrañable día para estes nenos/as de infantil e primaria, que como podedes ver nas fotografías estaban felices cos seus paquetiños cargados sobre todo de boas lecturas, ademais dalgún agasallo práctico como unha fermosa mochila para a mellor lectora do colexio. 







NORABOA E FELICES VACACIÓNS!

domingo, 18 de junio de 2017

UN VERÁN CHEO DE EMOCIÓNS
GUÍAS DE LECTURA