miércoles, 14 de marzo de 2018

ANA ALONSO NA BIBLIOTECA



"Unha biblioteca con camas", así nos contou a escritora Ana Alonso que lle chamaba unha amiga da infancia á súa casa porque estaba chea de libros. Con esta anécdota, comenzou a animación lectora  para os rapaces e rapazas de sexto curso de Ed Primaria. Antes xa o fixera para os de segundo.
Convidou a todos e todas a facer da lectura un hábito,  xa que nos permite adentrarnos en nós mesmos e, deste modo, a nosa mirada non se limita só ao exterior. Trátase dun exercicio de introspección que permitirá mellorar aquilo que non nos gusta. Cando lemos estamos desenrolando empatía, unha habilidade social que nos posibilita xestionar a nosa vida de forma positiva. Dixo, no mesmo senso, que hai estudos sobre todo isto. Na Universidade de Stanford (EEUU), despois dunha investigación, chegaron á conclusión de que a xente que le ten unha vida mellor.
Por outra banda, Ana Alonso explicou que para disfrutar da lectura é necesario dispoñer de certa técnica, porque hai que procesar a información a medida que se vai lendo. Compara a lectura coa práctica de certos deportes como a natación.


Lembrou como comenzou a su andaina como escritora na revista escolar en 5º de Primaria. Ao ano seguinte, logo de desaparecer a revista da clase, siguiu escribindo porque lle servía de desafogo; sen embargo, a partires dos 13 anos empezou a esconder os escritos por vergoña a expresar os seus sentimentos. 
Unha vez xa na universidade, onde estudiou bioloxía, presentouse a un concurso de poesía con un psedónimo "Rapunzel", sobrenome que non foi elexido ao chou, se non para expresar como se sentía naquel momento fronte á literatura, soa, con medos e inseguridades. Pero antes de someter os  seus poemas ao criterio dun tribunal, llos dou a ler ao seu pai, que foi quen de animala.
Premiarona, con 19 anos, e así ata oito premios máis.
No mundo das letras e a literatura coñeceu ao que é hoxe a súa parella e coautor de moitos títulos, Javier Pelegrín, como é o caso da saga "La llave del tiempo".
Grazas a esta colaboración entre a parella de escritores, Ana Alonso puido deixar o seu traballo como profesora de CC Naturais en Secundaria, hai xa doce anos, para adicarse por enteiro á literatura. Foi a promotora da colección: Una pizca de sal da editorial Anaya.
  Cando se referiu ao título, obxecto da animación lectora, "Marea Negra", fixo unha mención especial ao ilustrador, Jordi Vila, ao que considera, non só un colaborador, se non,   un amigo. Contounos que as súas habilidades como artista lle veñen de familia. O seu pai fixo as vidrieiras do templo A Sagrada Familia de Barcelona; e o seu irmán foi ceramista nas paredes deste mesmo lugar. Ademáis o seu avó xa fora un pintor de certo renome. Dou  conta do meticuloso que resulta no seu traballo; pintou varias veces unha mesma rúa ata dar coa cor da luz de Muxía, localidade na que transcorre a historia.
No turno de preguntas por parte do alumnado, destacou que escribir este libro lle levou dous meses; que só ten un título para maiores e que o resto da súa obra é  literatura infantil e xuvenil. Engadiu que o desastre ecolóxico do "Prestige" lle impactara moito, e non só como bióloga; que viaxou moitas veces pola Península e polo  estranxeiro impartindo charlas. Pero, o que máis nos gustou como galegos e galegas que somos, foi oirlle decir que lle encanta a nosa terra, a nosa literatura, o noso idioma, os nosos poetas. Nomeou a obra de Manuel María como un referente.



Despois de firmar  exemplares, os alumnos e alumnas de 2ºB déronlle un agasallo; un debuxo asinado por todos e todas sobre a historia "La rueda mágica".


"Me encantó la visita de Ana Alonso porque entendí muy bien lo que nos explicó y me pareció estupendo que nos animara a leer y a escribir para cumplir nuestros sueños, igual que lo hizo ella. Me pareció una persona muy agradable".                                                         
                                                                                                                 Marina 6ºB




"Ayer vino Ana Alonso, una escritora. Nos contó la historia de por qué quería ser escritora. Yo me quedé pensando:"¡Que imaginación tiene esta mujer!" Y es que me animó a seguir escribiendo cuentos y poemas. Me encantaba la forma en la que explicaba cosas de modo infantil para que lo entendiéramos todos. Fue abrir la puerta de la biblioteca y emocionarme. Yo pensaba que con todos los cuentos y poemas que escribía le costaba muy poco pero no porque sin esfuerzo no se consigue NADA".                                                                                    
                                                                                                                  Aroa 2ºA






No hay comentarios:

Publicar un comentario